Gran Premio do Brasil de 1986

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Brasil de 1986
Nome oficial15º Grande Premio do Brasil Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Brasil Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1986 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento61 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo Internacional Nelson Piquet (Río de Xaneiro) 22°58′32″S 43°23′42″O / -22.975555555556, -43.395 Editar o valor en Wikidata
PaísBrasil Editar o valor en Wikidata
Data23 de marzo de 1986 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNelson Piquet Editar o valor en Wikidata
Pole positionAyrton Senna Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNelson Piquet Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Brasil de 1986 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 23 de marzo de 1986 no circuíto de Jacarepaguá de Río de Xaneiro. Foi a primeira carreira da tempada de 1986 e tamén foi o décimo quinto Gran Premio do Brasil e o sétimo que se celebrou en Jacarepaguá do Río de Xaneiro. A carreira disputouse sobre 61 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para unha distancia da carreira de 307 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Nelson Piquet pilotando un Williams FW11. Foi a segunda vitoria de Piquet na súa casa logo de gañar previamente tres anos antes. Foi a súa 14ª vitoria nun Gran Premio e o primeiro para o seu novo equipo, Williams. Piquet gañou por 34 segundos sobre o seu compatriota Ayrton Senna que pilotaba un Lotus 98T. Un minuto detrás de Piquet quedou o piloto francés Jacques Laffite pilotando un Ligier JS27.

A nova tempada viu moitos cambios de pilotos, o máis significativo foi a chegada de Piquet a Williams logo de sete anos en Brabham, mentres que Keke Rosberg uniuse a McLaren e Elio de Angelis a Brabham, foron os outros movementos importantes. Senna utilizou a súa influencia en Lotus para asegurar que contrataron a un piloto que non interfira coa súa campaña logo da retirada de Derek Warwick, aínda que iso sería temporal. Williams perdeu o seu director de equipo, Frank Williams. Que tivo un accidente de coche nas probas de pretempada que o deixou un parapléxico.[1]

Senna liderou desde a pole position, pero pronto foi ameazado polos Williams. Nigel Mansell quedou fóra da carreira logo de trompear na primeira volta despois dun contacto con Senna, Piquet lideraba na terceira volta. Cando empezaron as paradas en boxes parecía que Alain Prost (McLaren MP4 / 2C) podería arrebatar a vitoria aos brasileiros[1] pero iso rematou cando o motor TAG-Porsche de Prost rompeu a metade de carreira.[2]

Non houbo outra ameaza para a parella brasileira, logo diso Piquet retomou o liderado a Senna logo da última parada para cambiar pneumáticos deste último. Detrás de Laffite estaba o seu compañeiro de equipo en Ligier René Arnoux. O quinto lugar estivo ocupado polo Tyrrell 014 de Martin Brundle, os seus primeiros puntos desde a súa tempada de debut dous anos antes. Gerhard Berger terminou sexto no seu Benetton B186 no debut do novo equipo que se fixera cargo do equipo Toleman durante a tempada baixa. Philippe Streiff no segundo Tyrrell, Elio de Angelis (Brabham BT55), Johnny Dumfries (Lotus 98T) e Teo Fabi (Benetton B186) foron os outros pilotos que remataron a carreira, nun día de moitos abandonos onde Mansell foi o único que se retirou por un fallo non mecánico.

  1. 1,0 1,1 Pye, Steven (2013-03-15). "Reliving the 1986 Brazilian Grand Prix". Guardian Sport Network. That 1980s Sport Blog. Guardian News and Media Limited. Consultado o 2013-05-30. 
  2. "Grand Prix Results: Brazilian GP, 1986". grandprix.com. GP Encyclopedia. Inside F1, Inc. Consultado o 2013-05-30. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in